20190905-Amistosos-CeltaB.png
A Canteira

O RC Celta B firma unha victoria épica ante o líder (3-4)

RC Celta

Incrible vitoria do RC Celta B ante o Peña Deportiva (3-4), líder da categoría. Os de Jacobo Montes, que se adiantaron no marcador cun gol de Apeh, fóronse por baixo ao descanso debido ao tres goles locais. Na segunda metade Jacobo reduciu diferenzas, pero o filial quedou con 10 pola expulsión de Fran Vieites. Cos tres cambios feitos, foi Pampín quen asumiu a responsabilidade de porse baixo os paus con 20 minutos por xogar. Nese tramo, dous tantos de Jacobo e Apeh déronlle a volta ao partido e certificaron a machada do filial.

RC Celta B: Vieites, Carreira, Farrando, Ros, Pampín, Molina, Moha, Yeboah, Losada, Apeh e Bermejo. Tamén xogaron Jacobo, Lautaro e Fontán.

Goles: Apeh e Jacobo por partida dobre

RC Celta

Etiquetas

A Canteira A Canteira A Canteira Celta b Celta b Celta b Novas celta b Novas canteira Novas celta b Novas canteira Novas celta b Novas canteira

Noticias recomendadas