O RC Celta B imponse ao Rapido de Bouzas no engadido (0-1)

O RC Celta B conseguiu o tres puntos no derbi vigués ante o Rapido de Bouzas grazas a un gol no tempo de desconto de Adrián Mancebo (0-1). Os de Rubén Albés dispuxeron das mellores ocasións ao longo de todo o encontro, pero a falta de puntaría e a boa actuación do porteiro rival evitaron que conseguise adiantarse no marcador ata o último minuto do partido.

FICHA TÉCNICA

0 – Rápido de Bouzas: Brais Pereiro, Adrián, Coti, Clausí, Iago López, Quico, Javi Sánchez (Toni, min 87), Armando, Duque (Pablo, min 66), Diego Diz e Mouriño (Carlitos, min 80).

1 – RC Celta B: Iván Villar, Alende, Costa (Manu, min 86), Ros, Pampín (Pastrana, min 86), Rai, Solis, Dani Molina (Adrián Mancebo, min 81), Bermejo, Ibán Salvador e Apeh.

Goles: 0-1, Adrián Mancebo, min 91.

Árbitro: Patiño Álvarez, do comité madrileño. Amonestou a Iago López (cartón vermello), Adrián, Clausí, Quico, Mouriño (Rápido de Bouzas) e a Apeh, Pampín, Costa Solís (RC Celta B).

Campo: Baltasar Pujales