O RC Celta B prolonga a súa boa serie de resultados (2-1)

O RC Celta B conseguiu unha vitoria importante ante o San Sebastián de los Reyes (2-1) nun encontro no que os de Onésimo tiveron que remontar o gol visitante. Manu Justo antes do descanso e Yeboah mediado o segundo tempo puxeron en vantaxe ao filial celeste, que foi superior ao conxunto madrileño durante os 90 minutos. Con este resultado o RC Celta B consegue saír dos postos de descenso tras sumar 12 dos últimos 15 puntos en xogo.