O RC Celta B puntúa a domicilio na súa estrea ligueira (2-2)

O RC Celta B empatou este domingo en Madrid ante o Internacional (2-2) na estrea ligueira no grupo I de Segunda División B. Os de Jacobo Montes, que presentou un equipo moi novo sobre o terreo de xogo, igualaron en dúas ocasións o partido grazas aos goles de Apeh e Dani Molina.

FICHA TÉCNICA

2 – Internacional: Felipe Ramos, Gallardo, Moyano, Llerena, Simón, Do Pozo, Ferreiro, Nouman, Junior, Rubén Ramos e Rufo

2 – RC Celta B: Fran; Carreira, Ros, Farrando, Pampín (Lautaro, min 70); Dani Molina, Veiga, Solís (David Álvarez, min 56); Yeboah (Manny, min 56), Jacobo e Apeh

Goles: 1-0 Rubén Ramos, min 5; 1-1 Apeh, min 12; 2-1 Rufo, min 44; 2-2 Dani Molina, min 71.