O RC Celta B reencóntrase coa vitoria (3-1)

O RC Celta B conseguiu unha importante vitoria este domingo ante a Peña Deportiva (3-1) na estrea de Onésimo en Barreiro. O filial celeste foi o claro dominador do partido e adiantouse no marcador mediada a primeira metade cun sensacional gol de Yeboah. Xa no segundo tempo, Manu Justo e Apeh anotaban o segundo e terceiro gol respectivamente.