O RC Celta B suma un novo triunfo en pretemporada (1-0)

O RC Celta B venceu este mércores en Barreiro ao Ourense CF (1-0) nun encontro infestado de ocasións que se decantou na segunda metade cun gol do xuvenil Miguel Rodríguez. Os de Jacobo Montes non coñecen a derrota nesta pretemporada tras superar á SD Compostela, CD Moaña e imporse no Torneo Carneiro ao Espeto ao Fabril e Pontevedra Cf.