O RC Celta B toma vantaxe no playout ante o Alcoyano (1-0)

O RC Celta B impúxose no encontro de ida do playout de Segunda B ante o Alcoyano (1-0) nun partido dominado de principio a fin polos xogadores dirixidos por Rubén Albés. Un gol de cabeza de Apeh mediado o segundo tempo puxo en vantaxe aos celestes, que puideron ampliar a diferenza no tramo final.

FICHA TÉCNICA

1 – RC Celta B: Iván Villar, Carreira, Ros, Alende (Pampín, min. 70), Farrando, Rai (Molina, min. 75), Álex Serrano, Bermejo, Solís (Dani Veiga, min. 61), Pastrana, Apeh.

0 – CD Alcoyano: Bañuz; Barreda, Ruso, Fomeyem (Eldin, min. 85), Navarro; Omgba, Anaba (Óscar Díaz, min. 68), De Lerma; Liño, Vicente Pérez (Piñeiro, min. 58); Rubio.

Goles: 1-0 Apeh, min 64

Árbitro: Román Román (Comité castelán-leonés). Amoestou a Apeh polo RC Celta ?B? e a Óscar Díaz e Liño  polo CD Alcoyano.

Campo: Barreiro