O RC Celta B xogará a ida do playout de Segunda B o domingo ás 12.00

O RC Celta B afronta este domingo ás 12:00 horas en Barreiro o encontro de ida do playout pola permanencia de Segunda División B. O filial celeste recibe ao Alcoyano nun partido crucial para tentar conseguir o obxectivo da permanencia.

A gran expectación que causou o encontro e o feito de que todos os abonados do RC Celta poidan acceder cos seus carnés provocan que, do mesmo xeito que ocorreu o pasado domingo, non se poñan entradas á venda. Os abonados celestes poderán acceder á bancada desde as 10:30 horas ata completar aforamento. O club anima a todos eles a que acudan a animar e empuxar ao equipo neste vital encontro.