O RC Celta celebra a primeira edición de ‘A Previa’ en A Sede en vésperas de Ano Novo

Despídese un 2019 amargo e chega un novo ano cargado de esperanzas e ilusións no que o RC Celta, da man da súa afección, debe mellorar e repuntar. Para dicir adeus, por fin, a 2019 e recibir unidos o ano novo, o RC Celta organiza por primeira vez un evento festivo que terá lugar en A Sede, na rúa do Príncipe, o martes 31 de decembro a partir das 11.30 horas.

O club invitará a toda a afección ás uvas de ano novo e a copas de Estrela Galicia para brindar xuntos polo novo ano 2020 unhas horas antes da súa chegada, ás 12 do mediodía. O evento será amenizado cunha sesión de DJ e un presentador ‘sorpresa’ que fará de mestre de cerimonias do acto. Os asistentes poderán ademais degustar doces navideños e haberá un gran sorteo de agasallos unha vez finalicen as badaladas.

A Sede estará decorada con motivos navideños para esta gran festa coa afección celeste como protagonista, que terá continuidade nos próximos anos coa idea de que se converta nun dos puntos de referencia do celtismo durante o Nadal.

¡Vémonos en A Sede!