O RC Celta, coa familia de Quinocho na ofrenda floral ao eterno celeste

O RC Celta, representado polo vicepresidente Pedro Pousada e o ex xogador e responsable de relacións externas do club Atilano Vecino, participou xunto á familia de Quinocho na tradicional ofrenda floral ao futbolista e xerente celeste. Este sábado a partir das 18:50 no estadio ABANCA Balaídos, o RC Celta e o celtismo renderán tributo á súa figura coa disputa ante o Mainz 05 da vixésimoterceira edición do trofeo que leva o seu nome.