O RC Celta comeza e remata LaLiga 18/19 na casa

A RFEF sorteou este martes o calendario de Primeira División para a tempada 2018/19. O RC Celta comezará e finalizará a competición en casa, no Abanca-Balaídos. Na primeira xornada, programada para o 19 de agosto, os celestes recibirán ao RCD Espanyol, e na última, fixada para o 26 de maio, será o Rayo Vallecano o que pase polo estadio vigués.

Consulta o calendario completo AQUÍ.