aficion_tribuna_4.jpg
Celtismo

O RC Celta desenvolve un completo plan de mellora na bancada de Tribuna

RC Celta

aficion_tribuna_4.jpg

 

O RC Celta desenvolveu para as bancadas de Tribuna Alta e Baixa un plan de mellora na liña do que realizou na zona de vestiarios co obxectivo de enriquecer a experiencia de abonados e afeccionados no Estadio de Balaídos. Cun traballo intensivo nos últimos días, o club mellora de maneira notable os accesos e o interior de ambas as bancadas desde os puntos de vista estético e funcional, uns traballos que os abonados e afeccionados poderán gozar xa no partido do próximo domingo ante o Alavés.

 

Os traballos de mellora inclúen aspectos estéticos, con innovadores deseños, que darán continuidade aos realizados na zona de vestiarios, e funcionais en escaleiras, corredores, baños e cantinas, que presentarán un aspecto completamente diferente ao existente e sen dúbida sorprenderán aos seguidores celestes.

 

O RC Celta reafirma desta maneira o seu esforzo para mellorar a experiencia dos abonados e afeccionados que acoden a Balaídos, unhas actuacións que terán continuidade na medida do posible no resto de bancadas do estadio.

 

obras_tribuna_070917.jpg

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas