O RC Celta despide o ano o sábado 22 de decembro no Camp Nou

LaLiga confirmou os horarios correspondentes á xornada número dezasete do campionato, a última en disputarse no ano 2018. O RC Celta visita o campo do FC Barcelona o sábado 22 de decembro ás 18:30, un partido que retransmitirá en directo beIN Sports LaLiga.