O RC Celta disputará un amigable ante o Lille no estadio de A Lomba

O RC Celta xogará un partido amigable ante o Lille o próximo 27 de xullo no estadio municipal de A Lomba (Vilagarcía de Arousa). Os de Fran Escribá medirán as súas forzas ante un equipo que a próxima tempada disputará a Champions League tras finalizar en segunda posición a pasada Ligue 1. O encontro comezará ás 20.30 horas.

O do Lille é o segundo amigable de pretemporada confirmado até a data. Abanca Balaídos acollerá o sábado 10 de agosto o Trofeo Memorial Quinocho ante a SS Lazio, último vencedor da Copa de Italia.