O RC Celta donará aos damnificados polo terremoto de México a recadación do partido ante Pachuca

DKKq2h1XUAALyKE.jpg

 

O RC Celta recibirá o vindeiro xoves 5 de outubro a CF Pachuca nun interesante encontro de preparación que ademais atesoura un importante aspecto solidario. O RC Celta doará a recadación íntegra deste partido aos damnificados polo terrible terremoto que arrasou México días atrás.

 

Os abonados poderán acceder cos seus carnés, aínda que se o desexan poden adquirir unha entrada para axudar aos afectados polo terremoto. Os prezos das entradas serán de 10€ (Adulto) e 5€ (Sub-25) para as bancadas de Gol e Marcador; de 15€ (Adulto) e 10€ (Sub-25) para as bancadas de Río Alto e Baixo e de 20€ (Adulto) e 15€ (Sub-25) pairas as bancadas de Tribuna Alta e Baixa. O club anima a abonados e afeccionados a que acudan a este encontro para mostrar a súa solidariedade cos damnificados.

 

PRECIOS_PACHUCA.jpg

Leave a Reply

ten + two =