O RC Celta dota á súa defensa de oficio, solvencia e calidade coa chegada do central Néstor Araujo

Chega ao RC Celta un defensa central cunha brillante traxectoria, gran experiencia, tanto a nivel nacional como internacional, e unha enorme ilusión. O defensor Mexicano Néstor Araujo será xogador do club vigués as próximas cinco tempadas unha vez pechado o acordo co futbolista e o seu club de procedencia, o Santos Laguna.

Araujo (Guadalajara, México; 29 de agosto de 1991) é un central solvente, de gran presenza física e excelente manexo de balón. Chega ao Celta avalado por unha longa carreira plagada de éxitos, tanto na súa Liga como coa selección nacional. En 2016 recibiu no seu país o Balón de Ouro ao Mellor Defensa da Primeira División de México e en 2017 formou parte do once ideal da máxima categoría do fútbol mexicano.

Coa Selección absoluta de México disputou un total de 25 partidos, nos que anotou tres goles e nos últimos anos é un fixo neste combinado nacional. Foi participe da clasificación de México para a Copa do Mundo de Rusia, pero unha lesión impediulle a última hora acudir a esta competición.

Ademais dun gran protagonismo na selección absoluta, Néstor Araujo acumulou partidos e títulos nas categorías inferiores do combinado nacional mexicano: Campión Sub-20 da Concacaf, medalla de ouro dos Xogos Panamericanos e medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Londres,

Con Santos Laguna, logrou dous títulos de Liga, o último fai unhas semanas con Santos, unha Copas de México e a Copa de Campións. Ademais, foi tamén campión da Copa Mexicana con Cruz Azul.