Hemeroteca club

O RC Celta e a Fed. de Peñas prolongan a súa colaboración

RC Celta

peñas

p>

Os dirixentes de ambas as entidades selaron a renovación do convenio

 

O presidente do Real Club Celta, Carlos Mouriño, e o seu homónimo da Federación de Penas, José Méndez, asinaron na sede social do club o convenio que establece a colaboración entre ambas as entidades, que se mantén nos mesmos termos que no anterior acordo. Tras unha amena charla, ambos os responsables procederon á firma, expresando a súa satisfacción pola renovación un ano máis deste convenio.      

 

Tamén estiveron presentes o vicepresidente do Real Club Celta, Ricardo Barros; Antonio Rosendo, conselleiro do club; o director da Fundación Celta de Vigo, José María Goicoa; e Argimiro Rodríguez, directivo da Federación de Penas e presidente da pena “Rikitrí”.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas