O RC Celta e a súa Fundación asinan un convenio de colaboración có Club Pachuca mexicano

Pachuca_web.jpg

 

O RC Celta a través da Fundación Celta de Vigo selou un importante convenio de colaboración cun dos clubs referente no fútbol mexicano, o Club de Fútbol Pachuca. No acto de firma estiveron presentes Jesús Martínez Patiño, presidente do Grupo Pachuca e Carlos Mouriño, presidente do RC Celta.

 

O acordo ten como fin o crecemento académico, deportivo e social de ambas as organizacións a través da escola Celta Campeche, co fin de compartir a filosofía de cada club nas súas categorías inferiores e fomentar o desenvolvemento técnico e profesional, así como o intercambio de xogadores de maior proxección.

 

O Club Pachuca é un dos máis laureados do fútbol mexicano. Fundado en 1892, foi campión de liga en seis ocasiones e catro veces vencedor da liga de Campións da CONCACAF. Actualmente destaca pola súa aposta decidido por un proxecto de canteira e pola promoción do deporte entre os máis novos, valores que comparte e defende de igual modo a entidade celeste.

Leave a Reply

5 × three =