O RC Celta empata co Famalicao en partido de adestramento

O RC Celta disputou este venres un partido de adestramento a porta pechada no estadio Abanca Balaídos ante o actual líder da primeira división portuguesa, o Famalicao. O partido finalizou con empate 1-1 grazas a un gran tanto de Pione Sisto. No encontro, ademais de xogadores do primeiro equipo, tamén participaron algúns futbolistas do Celta B e o xuvenil: Cissé, Miguel Fdez, Lauti, Nico, Canteiro e Alberto.