O RC Celta empata un partido tolo en Huesca (3-3)

RC Celta e SD Huesca empataron (3-3) un partido no que os de Fran Escribá salvarón un punto a dez minutos do final despois de adiantarse no marcador e ver como o equipo azulgrana dáballe a volta na segunda metade.

O partido comezou de maneira moi positiva para o equipo celeste, que se adiantou no marcador tras unha gran triangulación entre Lobotka, Aspas e Brais Méndez, que mandou a pelota ao fondo da portaría. Pouco despois, o goleador tivo que ser cambiado por lesión. No resto do primeiro tempo ambos equipos dispuxeron de chegadas con perigo, a máis clara nos pés de Boudebouz, que mandou o balón ao traveseiro.

Nos primeiros minutos da segunda metade a SD Huesca obrigou a Rubén a realizar varios paradones. O RC Celta saía á contra con perigo e nunha delas Iago Aspas ampliaba a vantaxe celeste cun gran disparo cruzado. Pouco despois, Enric Galego, Ávila e Pulido dábanlle a volta ao partido nun cuarto de hora dramático para os celestes. Xa na recta final, Boudebouz empatou o partido tras unha gran xogada de Iago Aspas.

FICHA TÉCNICA

3 – SD Huesca: Santamaría; Mantovani, Etxeita, Pulido; Herrera (Gallego, min 56), Musto, Rivera, Moi Gómez, Javi Galán; Ávila (Melero, min 76), Cucho Hernández

3 -RC Celta: Rubén; Hugo Mallo, Cabral, Hoedt, Olaza; Brais Méndez (Bodebouz, min 18), Lobotka, Yokuslu; Iago Aspas (Emre, min 81), Maxi Gómez, Boufal (Jozabed, min 89).

Goles: 0-1, Brais Méndez min 15; 0-2 Aspas, min 56; 1-2 Gallego, min 62; 2-2 Ávila, min 71: 3-2 Pulido, min 73; 3-3 Boudebouz, min 80;

Árbitro: Adrián Cordero Vega, do comité cántabro. Amonestou a Pulido, Etxeita (SD Huesca) e a Brais Méndez, Olaza, Emre (RC Celta)

Campo: Alcoraz