celebracion-gol-celta-vigo-huesca-abanca-balaidos-liga-2018-2019.jpg
Primeiro Equipo

O RC Celta, entre os equipos de LaLiga con máis minutos de xogo efectivos

RC Celta

O RC Celta aposta pola posesión de balón. A UEFA fixo público un estudo no que analiza o tempo real de partido que se xoga en cada unha das grandes ligas europeas e na propia Champions League. Así, en LaLiga o conxunto celeste sitúase como o quinto equipo con máis tempo de xogo efectivo con 28 minutos de posesión por encontro. A media na competición é de 53,5 minutos por partido.

Ademais, a canteira segue estando moi presente no primeiro equipo. Os xogadores formados na Madroa suman máis de 7.500 minutos en LaLiga esta tempada, un terzo do total do plantel. O RC Celta atópase entre os equipos das principais ligas europeas con maior porcentaxe de minutos xogados polos seus canteiráns.

Doutra banda, o RC Celta destaca polo xogo limpo. O equipo vigués é o cuarto que menos faltas comete en toda a competición, acumulando tan só 12 infraccións por partido. Chama a atención que o conxunto celeste sexa o equipo que máis expulsións suma nas primeiras 23 xornadas de LaLiga cun total de cinco. Os outros dous clubs que acumulan os mesmos cartóns vermellos suman, respectivamente, 80 e 130 faltas máis que o celeste.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas