O RC Celta estará arroupado por 1.000 afeccionados en Valladolid

O RC Celta non estará só no crucial partido que xogará este domingo en Valladolid. Ao redor de 1.000 afeccionados reservaron a súa entrada para o encontro que se disputará no estadio José Zorrilla a partir das 12.00 horas. Os abonados que efectuasen a reserva poderán recoller as entradas a partir do mércores nas billeteiras de ABANCA Balaídos, que permanecerán abertas en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.