O RC Celta estréase fóra de casa o luns 27 de agosto no Ciutat de València

LaLiga estableceu os horarios correspondentes á segunda xornada do campionato 2018/19. O RC Celta xogará o seu primeiro partido lonxe de Vigo o luns 27 de agosto ás 20:15 CEST ante o Levante UD, no estadio Ciutat de València. beIN Sports LaLiga retransmitirá o partido en directo.

Debut en LaLiga 18/19

A semana anterior, o sábado 18 de agosto, o RC Celta disputará o primeiro partido da tempada ante o RCD Espanyol. Será ás 18:15 CEST no estadio Abanca-Balaídos e tamén o retransmitirá en directo a canle beIN Sports LaLiga.