O RC Celta fai un fortín de ABANCA Balaídos (2-1)

O RC Celta sumou unha nova vitoria en ABANCA Balaídos (2-1) ante o Girona que lle permite escalar posicións na clasificación e afastarse dos postos de descenso. Iago Aspas e Boufal foron os goleadores nun partido importantísimo ante un rival directo.

O equipo de Fran Escribá dominou de principio a fin a primeira metade. Súas foron as únicas ocasións, que chegaron por medio de Boufal, Maxi Gómez e Boudebouz. Foi o extremo marroquí, nunha extraordinaria xogada individual, o que serviu o primeiro gol a Iago Aspas superada a media hora de partido.

Na primeira xogada da segunda parte empatou o conxunto visitante por medio de Portu. O duelo mantívose igualado durante vinte minutos, cando apareceu Boufal para pór por diante aos celestes nunha sensacional xogada persoal.

FICHA TÉCNICA

2 – RC Celta: Rubén; Hugo Mallo, Cabral, Araujo, Olaza; Boudebouz (Jozabed, min 87), Lobotka, Okay Yokuslu, Boufal (Hjulsager, min 79); Aspas (Costas, min 90), Maxi Gómez

1 – Girona: Bono; Porro, Bernardo, Alcalá, Raúl García (Sony, min 84); Pere Pons, Douglas Luiz, Aleix García (Juanpe, min 46); Portu, Roberts (Borja, min 46); Stuani

Goles: 1-0 Iago Aspas, min 34; 1-1 Portu, min 48; 2-1 Boufal, min 68;

Árbitro: Del Cerro Grande, ddo comité madrileño. Amoestou a Okay, Boufal (RC Celta) y a Douglas (Girona)

Campo: ABANCA Balaídos (20.546 espectadores)