O RC Celta, finalista dos X Premios Nacionais de Marketing

Buscando recoñecer e potenciar a creatividade, a innovación, e a obtención de resultados tanxibles, a Asociación de Marketing de España galardoa cada ano ás empresas, campañas e profesionais que destacan polas súas boas prácticas. O RC Celta é un dos finalistas na categoría de ‘Marca’, na que, segundo a entidade que entrega os premios, valoraranse aquelas prácticas cuxo éxito se deba á implantación dunha estratexia de xestión de marca eficaz. Nesta categoría, os finalistas son, xunto ao RC Celta, Central Lechera Asturiana, Cervezas La Virgen, Estrella Damm e KFC.

Aos X Edición dos Premios MKT presentáronse 254 candidaturas, das cales 30 optarán a unha do seis categorías de marcas/empresas dos Premios Nacionais de Marketing.

Durante os seus 10 anos de historia, os Premios Nacionais de Marketing convertéronse nunha institución, unha plataforma visible desde a que a Asociación de Marketing de España pon en práctica os obxectivos baixo os que se fundou: dar a coñecer a mercadotecnia á sociedade, o desenvolvemento e recoñecemento da profesión do mesmo xeito que o intercambio de ideas.

Na categoría na que o RC Celta alcanzou a final participaban outras marcas como Crédito y Caución, Deoleo, Divina Pastora, Ecoembes, El Tenedor, Kia Motors, Openbank, Rubio, Sunny Delight e Twitter. O xurado está formado por 19 profesionais e expertos en mercadotecnia, provenientes de marcas de recoñecido prestixio como BBVA, Amazon, McDonald’s, Iberia, Samsung ou Gas Natural.