O RC Celta foi o equipo de LaLiga que menos cartóns amarelos recibiu esta tempada

O RC Celta finalizou a presente tempada como o equipo de Laliga que menos cartóns amarelos recibiu. Os xogadores celestes viron un total de 74 cartolinas amarelas, unha media de menos de dúas por encontro. Ademáis, o RC Celta foi o cuarto conxunto de Primeira División que menos faltas cometeu durante a competición con 458, só superado por Real Madrid, Real Betis Balompie e FC Barcelona.

Pese ao baixo número de cartolinas amarelas e de faltas cometidas, o club celeste foi un dos que máis expulsados acumulou ao longo das 38 xornadas cun total de seis cartóns vermellos. O tres equipos que lle superan nesta clasificación cometeron decenas de infraccións máis ao longo de LaLiga.