escudo_grande-3.jpg
Celtismo

O RC Celta habilita o luns as billeteiras de Abanca Balaidos para altas e renovacións con todas as vantaxes

RC Celta

Ante o considerable atraso do lanzamento da campaña de abonados e a falta de seguridade no seu funcionamento online, suspéndese a tramitación online e o RC Celta poñerá desde o vindeiro luns a disposición de abonados e afeccionados as billeteiras do Estadio Abanca Balaídos para a tramitación de abonos con todas as vantaxes: desconto do 5 por cento no prezo do abono e exención do pago de suplementos os días do club. As renovacións tamén se poden realizar con total normalidade nos caixeiros automáticos da rede de oficinas de Abanca utilizando o recibo enviado aos abonados.

O club anima aos abonados a que renoven os seus carnés nos numerosos caixeiros de Abanca en Galicia e o resto do país para evitar colas nas taquillas do estadio. O rexistro na grada de animación activarase tamén o luns ás 10.00 horas (online).

Ademais, o RC Celta amplía o prazo para gozar destas vantaxes nas taquillas ata o vindeiro venres 20 de xullo, mentres que nos caixeiros de Abanca, onde só se tramitan renovacións, mantense ata o día 7 dese mes por cuestións técnicas. De xeito excepcional este ano e debido aos problemas rexistrados, suspéndese a tramitación online. O resto das condicións da campaña non sofre modificación algunha.

O horario das billeteiras de Abanca Balaídos será de luns a venres de 10.00 a 20.00 horas de xeito ininterrumpido.

Unha vez máis, o RC Celta pide aos seus abonados e afeccionados as súas máis sinceiras desculpas polas molestias que lles causou o atraso do lanzamento da campaña.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas