O RC Celta homenaxea este mércores a 43 abonados e entrégalles a Insignia de Ouro do club

O Real Club Celta rende homenaxe este mércores a 43 leais abonados celtistas. O Salón Rexio da Sede acollerá a partir das 18:30 horas o acto de imposición das Insignias de Ouro aos socios celestes que cumpriron 50 anos de antigüidade. Para o RC Celta e todos aqueles que forman parte do club trátase dun día moi especial cargado dunha gran emotividade e que pon en valor a fidelidade de decenas de celtistas.