O RC Celta inicia a pretempada o 10 de xullo e fará o ‘stage’ en Inglaterra

pretemporad_30517.jpg

Trala chegada de Juan Carlos Unzué e o seu corpo técnico, o RC Celta vai perfilando a pretempada, que comezará o día 10 de xullo nas instalacións deportivas da Madroa. O equipo realizará o ‘stage’ en Inglaterra a partir do 26 dese mesmo mes e para iso desprazarase á localidade de Ashby da Zouch, no condado de Leicestershire, no centro do país.

 

O conxunto celeste disputará tres encontros amistosos durante o seu ‘stage’ e regresará o catro ou cinco de agosto, en función da data do último destes partidos. Xa en Vigo, está previsto que o conxunto celeste dispute un encontro de preparación máis antes do comezo da tempada 2017/2018.

Leave a Reply

5 − 4 =