O RC Celta inicia a pretemporada cunha goleada ante o CD Lugo (3-0)

O RC Celta disputou o pasado sábado en Portonovo o seu primeiro partido de pretemporada, que se saldou cunha contundente vitoria (3-0) ante o CD Lugo. Pita en propia portaría, Santi Mina e Aspas foron os goleadores dun encontro co que vibraron os espectadores que abarrotaron o campo de Baltar. O partido serviu para que Fran Escribá realizase numerosas probas e introducise até 25 xogadores ao terreo de xogo.