O RC Celta inicia este martes a mini xira inglesa

O primeiro equipo celeste puxo rumbo a Inglaterra este martes pola tarde desde o aeroporto de Vigo. Unha expedición de vinte e catro futbolistas viaxa a territorio inglés para afrontar dous esixentes encontros de preparación ante equipos da Premier League, o Southampton FC este mércores 1 de agosto ás 20:45 CEST e o Fulham FC o sábado 4 de agosto ás 16:00 CEST. O RC Celta está a traballar con ambos os clubs para facilitar o visionado dos partidos aos afeccionados celestes. Proximamente, máis información.

ACTUALIZACIÓN: o RC Celta confirma que o amigable contra o Southampton FC poderá verse en directo a través da canle oficial do club celeste en YouTube.

Martes 31 de xullo

17:40 – Saída A Madroa

19:00 – Saída desde o aeroporto de Vigo

20:00 – Chegada ao aeroporto de Southampton

20:40 – Chegada ao Grand Hotel Harbour (Southampton)

Mércores 1 de agosto

19:45 – Amigable Southampton v RC Celta (St Mary’s Stadium)

Xoves 2 de agosto

10:00 – Adestramento nas instalacións do Southampton

Venres 3 de agosto

10:00 – Adestramento nas instalacións do Southampton

Hora por definir – Traslado ao Crowne Plaza Hotel (Londres)

Sábado 4 de agosto

15:00 – Amigable Fulham v RC Celta (Craven Cottage)

22:00 – Saída desde o aeroporto de Londres-Gatwick

01:10 – Chegada ao aeroporto de Vigo

*As horas indicadas son de acordo aos horarios locais (en Inglaterra, unha hora menos que en España).