O RC Celta inunda de calidade e dinamismo o seu centro do campo co internacional eslovaco Lobotka

lobotka_celta_sede_1.jpg

 

O RC Celta potencia o seu centro do campo coa incorporación para as próximas cinco tempadas dun novo futbolista con ampla experiencia internacional e nas Ligas eslovaca e danesa e que ademais brillou de xeito extraordinario na recente Eurocopa Sub-21. Stanislav Lobotka (Trenčín, Eslovaquia, 25 de novembro de 1994), que aportará á medular celeste dinamismo, calidade, intelixencia e despregue físico, procede do Nordsjælland da Superliga de Dinamarca, onde erixiuse no motor do equipo desde a súa chegada en 2015.

 

Lobotka é internacional absoluto con Eslovaquia, con cuxo combinado nacjonal debutou o pasado ano, ademais de coas seleccións sub-19 e sub-21. Neste último equipo brillou sobremaneira na recente Eurocopa, onde foi elixido mellor xogador do partido en dúas ocasións.

 

O novo futbolista internacional pode xogar con absoluta solvencia tanto de medio centro como de interior. Disputou 52 partidos na Primeira División danesa, nos que deu nove asistencias, e máis de 80 na máxima categoría do fútbol eslovaco. Coa Selección Eslovaca Sub-21 xogou 27 partidos e anotou dous goles.

 

Stanislav Lobotka será presentado ante os medios de comunicación o vindeiro luns ás 12.30 horas no estadio de Balaídos. Os afeccionados poderán acceder ao campo pola porta 11 (Grada de Tribuna)

Leave a Reply

3 × five =