O RC Celta inunda de talento e velocidade o seu ataque co internacional turco Emre Mor

EMRE_MOR_CELTA_2.jpg

 

 O RC Celta pechou co Borussia Dortmund a fichaxe dun dos xogadores novos con maior proxección no fútbol europeo, o turco Emre Mor, polivalente atacante que acaba de cumprir 20 anos de idade hai só uns días. Emre Mor, xogador zurdo, desenvólvese en toda a fronte de ataque, aínda que onde actuou con maior asiduidade é na banda dereita. Asina polas cinco próximas tempadas.

 

O internacional turco destaca pola súa enorme habilidade no un contra un e a súa gran velocidade, que lle outorgan unha impresionante capacidade de desborde, así como a súa facilidade para filtrar pases entre liñas. 

 

Emre Mor (24/07/1997) foi internacional sub-21 e con Turquía, con cuxa selección absoluta e a pesar da súa mocidade disputou xa 12 partidos e anotou un gol. Con este combinado volveu a ser convocado para os partidos clasificatorios para o Mundial ante Ucraína e Croacia. 

 

Co Borussia Dortmund Emre Mor disputou unha vintena de encontros nos que anotou un tanto e deu tres asistencias. Participou ademais en tres encontros da liga de Campións.

 

O futbolista concentrárase de inmediato coa súa selección e será presentado nos próximos días.

Leave a Reply

19 + four =