O RC Celta leva a éxtase a ABANCA Balaídos (3-2)

O RC Celta gañou un partido incrible ao Vilarreal (3-2) despois de remontar dous goles nos segundo tempos. O gran xogo do equipo, liderado por Iago Aspas, permitiu aos celestes conseguir unha vitoria vital.

O partido púxose moi pronto costa arriba para o equipo celeste con dous temperáns goles do Villarreal a cargo de Ekambi e Pedraza. Os de Fran Escribá tentárono por todos os medios durante o primeiro tempo pero non foron capaces de bater a portaría visitante.

A segunda metade foi un monólogo celeste apoiado nun maxistral gol de falta directa de Iago Aspas ao pouco de renovarse o encontro. Mediado o segundo acto unha sensacional xogada entre Hoedt, Olaza e Maxi terminou en gol tras un cabezazo do dianteiro uruguaio. No tramo final Iago Aspas culminou a remontada e levou a éxtase ás bancadas.

FICHA TÉCNICA

3 – RC Celta: Rubén; Hugo Mallo, Costas, Hoedt, Olaza (Kevin, min 84); Yokuslu, Lobotka; Boufal (Sisto, min 71), Brais Méndez, Iago Aspas (Cabral, min 89); Maxi Gómez.

2 – Villarreal: Asenjo; Mario, Álvaro, Víctor Ruiz, Quintillà; Cazorla, Morlanes (Bacca, min 81), Iborra, Pedraza; Chukwueze (Fornals, min 69), Toko Ekambi.

Goles: 0-1 Ekambi, min 10; 0-2 Pedraza, min 15; 1-2 Aspas, min 50, 2-2 Maxi Gómez, min 70;  3-2 Aspas, min 85

Árbitro: Jesús Gil Manzano, del comité andaluz. Amonestou a Hugo Mallo (RC Celta) e a Pedraza, Mario, Víctor Ruiz (Villarreal)

Campo: ABANCA Balaídos (22.316 espectadores)