Primeiro Equipo

O RC Celta logra outro esperado regreso: Santi Mina volve a casa

RC Celta

O RC Celta acaba de pechar o retorno dun dos canteiráns máis queridos e que máis pegada deixou no celtismo, co que conviviu desde que tiña nove anos de idade e ingresou na canteira celeste. Santi Mina regresa ao seu equipo tras catro tempadas lonxe de Vigo unha vez selado o acordo entre o club olívico e a Valencia, acadado grazas a seriedade e firmeza tanto do RC Celta como do propio Santi Mina. Con este anhelado regreso, o RC Celta suma xa dez canteiráns no primeiro equipo e alaga de ilusión ao celtismo cun conxunto repleto de futbolistas criados en A Madroa á calor da afección céltica.

Santi Mina, quen asina cinco tempadas, debutou en Primeira División co RC Celta en febreiro de 2013, con 17 anos de idade, substituíndo a Iago Aspas, co que volverá compartir vestiario e dianteira a partir de agora. Co primeiro equipo celeste anotou doce goles.

Nas súas catro tempadas como xogador da Valencia, o canteirán vigués disputou máis dun centenar de partidos en Primeira División, onde anotou case unha trintena de goles. ademais de disputar competicións europeas e conquistar hai uns meses a Copa do Rei.

Isto vai de corazón

Os regresos de Denis Suárez e Santi Mina enchen de contido a lema da campaña de abonados do club: “Isto vai de corazón”. Dez canteiráns bombearán sangue celeste nun vestiario cheo de mocidade, calidade e ilusión para afrontar unha tempada esperanzadora.

As vantaxes da campaña de abonados conclúen o 19 do presente mes, día no que se liberarán os asentos daqueles socios que non tramitasen a súa renovación.  O club anima aos abonados a que renoven antes desa data para gozar desta vantaxe e  conservar o seu asento e desta maneira formar parte dun ilusionante proxecto creado ao redor da canteira celeste. Poden tramitar o seu abono na rede de caixeiros de Abanca en toda Galicia e tamén completar todas as xestións, incluída o financiamento, online en istovaidecorazon.rccelta.es.

A presentación de Santi Mina terá lugar o venres 19 ás 19:23 horas en Abanca Balaídos. 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas