hugo-mallo-renovacion-carlos-mourino-sede-celta-vigo-100818.jpg
Primeiro Equipo

O RC Celta lucirá outras cinco tempadas un brazalete enchoupado de celtismo: #HugoMallo2023

RC Celta

O RC Celta lucirá moitos anos máis un brazalete empapado de celtismo, de honestidade e de paixón. O capitán, o canteirán, Hugo Mallo selou esta tarde a súa continuidade no seu club para as próximas cinco tempadas e deste xeito abre a porta a agrandar unha historia de amor a unhas cores que comezou cando era un neno e avivouse un 29 de agosto do 2009, fronte ao Numancia en Balaídos. Desde entón, Hugo acumula máis de 300 partidos de entrega absoluta co primeiro equipo do RC Celta.

A súa fidelidade ao club, a súa profesionalidade, a súa calidade, a súa condición de exemplo inmellorable para a canteira e para os seus compañeiros xeraron a gran admiración polo canteirán que o Celta e a súa afección comparten e que converten esta renovación en moito máis que unha firma nun papel. Hugo Mallo fixo e fará historia no RC Celta, ensinou e ensinará o camiño aos canteiráns cinco tempadas máis, ata completar cando menos catorce no primeiro equipo celeste, vinte no club que Hugo axudou a crecer.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas