O RC Celta medirase ao laureado conxunto mexicano CF Pachuca en Balaídos o 5 de outubro

pachuca_web.jpg

 

O estadio de Balaídos será escenario o próximo 5 de outubro dun gran partido de preparación entre o RC Celta e o laureado conxunto mexicano CF Pachuca. Este encontro, que terá lugar durante o parón de Liga, disputarase ás 20.30 horas.

 

Pachuca alzou o título da liga mexicana en seis ocasiones, mentres que gañou nada menos que cinco veces a Liga de Campións da Concacaf. En 2006, Os ‘Tuzos’ conquistaron a Copa Sudamericana e convertéronse no único equipo do mundo en gañar un torneo oficial FIFA fora da súa confederación.

 

A dimensión de Pachuca pódese apreciar de pleno con datos como os relativos ao número de escolas de fútbol que posúe, un total de nove, que o converten no club con máis instalacións deste tipo no seu país.

Leave a Reply

20 − five =