O RC Celta mídese ao Mainz 05 no XXIII Trofeo Memorial Quinocho

O Memorial Quinocho terá un participante alemán por primeira vez na súa historia. O Mainz 05 da Bundesliga será o rival do RC Celta na vixésimoterceira edición do trofeo, unha das citas máis especiais para todo o celtismo, que se celebrará o vindeiro sábado 11 de agosto ás 19:30 no estadio Abanca-Balaídos.

Os prezos das entradas comunicaranse proximamente.