O RC Celta medirase ao Mirandés nos dezaseisavos de final da Copa do Rei

O RC Celta xa coñece o seu rival nos dezaseisavos de final da Copa do Rei. O sorteo celebrado esta mañá ás 13 horas deparou o enfrontamento co Club Deportivo Mirandés, de Segunda División. O encontro disputarase o xoves 23 de xaneiro ás 19:00 no Estadio Municipal de Anduva. DAZN, servizo de streaming, retransmitirá a eliminatoria en directo.

Os celestes accederon a esta rolda tras superar á Pena Azagresa (0-2) e ao Mérida (1-4)