Celtismo

O RC Celta multiplica o atractivo da bancada de Tribuna

RC Celta

TRIBUNA_RENOVACION_1.jpg

 

O plan de mellora desenvolvido polo RC Celta para as bancadas de Tribuna Alta e Baixa vai tomando corpo con diversas actuacións encamiñadas a elevar a funcionalidade e o atractivo deste singular espazo do estadio de Balaídos. O club envorcouse en mellorar a experiencia dos abonados e afeccionados que acoden aos partidos cun bo número de actuacións traducidas nun cambio substancial nas bancadas.

 

As melloras que se están desenvolvendo inclúen desde detalles como a colocación de espellos, secadores e elementos decorativos nos baños ou iluminación nos chanzos, ata unha nova pintura decorativa antideslazamiento en corredores e escaleiras, colocación de téxtiles retroiluminados con motivos celestes nas paredes, corpóreos con frases motivadoras e unhas novas cantinas que combinan a tradicional madeira cun deseño moderno que lles confiren un aspecto máis atractivo e amable.

 

Créase ademais unha nova zona hospitality vinculada a un remocicado Anel VIP que contará cunha trintena de monitores de TV, e realizáronse outras melloras que adecúan a bancada ás esixencias de UEFA para o futuro regreso a Europa.

 

O investimento realizado polo RC Celta converte a Bancada de Tribuna nunha das máis atractivas da Liga.

 

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas