O RC Celta non pode co Athletic en San Mamés (3-0)

O RC Celta caeu este domingo en San Mamés (3-1) e non puido certificar a permanencia. Os celestes viron o Athletic Club superáballes na primeira metade e deixaba case imposible o triunfo.

Nos primeiros minutos de partido Maxi Gómez puido adiantar ao celestes pero o seu gol foi anulado por fora de xogo. Dúas accións puntuais ao cuarto de hora de partido permitiron ao Athletic Club pór dous goles de vantaxe no marcador, que ampliou pouco antes do descanso por medio de Iñaki Williams.

Na segunda metade, co marcador totalmente en contra, o conxunto de Fran Escribá tentou gañar metros para meter un gol que lle metese no partido. Con todo, ningún equipo dispuxo de ocasións claras e so Iago Aspas pudo anotar un gol no tramo final.

FICHA TÉCNICA

3 – Athletic Club: Herrerín, Capa, Yeray, Iñigo Martínez, Berchiche; Beñat, Dani García, Ibai Gómez (Córdoba, min 75), Raúl García, Muniain (Susaeta, min 78) e Williams (Aduriz, min 81)

1- RC Celta: Rubén, Hugo Mallo, Hoedt, Néstor Araújo, Olaza, Lobotka, Okay (Jozabed, min 71), Brais Méndez, Boudebouz, Maxi Gómez (Boufal, min 62) e Aspas

Goles: 1-0 Raúl García, min 16; 2-0 Raúl García, min 18; 3-0 Williams, min 40; 3-1 Aspas, min 88;

Árbitro: Javier Estrada Fernández, do comité catalán. Amoestou a Beñat, Muniain (Athletic) e a Boudebouz, Araújo, Hoedt (RC Celta)

Campo: San Mamés