aidooo.jpg
Primeiro Equipo

O RC Celta non pode coa SD Eibar (2-0)

RC Celta

O RC Celta perdeu ante a SD Eibar (2-0) nun partido no que os celestes non conseguiron sentirse cómodos en ningún instante. O conxunto local anotou os seus dous tantos ao comezo da segunda parte.

A primeira parte estivo marcada pola igualdade. O Eibar colgaba balóns na área e o RC Celta defendíase con firmeza. Os xogadores de Fran Escribá trenzaron algúns contragolpes perigosos pero non puideron transformalos en gol.

No segundo tempo o conxunto armeiro logrou dous tantos de distancia grazas aos goles de Edu Expósito e Orellana. Os celestes apertaron para conseguir reducir a diferencia pero non foi posible.

FICHA TÉCNICA

2 – SD Eibar: Dmitrovic; Arbilla, Oliveira, Escalante, Cote (Tejero, min 46); Expósito, Sergio Álvarez; De Blasis, Orellana, Inui; Kike García (Charles, min 76)

0 – RC Celta: Rubén Blanco; Hugo Mallo, Aidoo, Araújo, Olaza; Brais Méndez (Gabriel Fernández, min 84), Lobotka (Rafinha, min 62), Yokuslu (Pape, min 67), Denis Suárez; Santi Mina, Iago Aspas.

Goles: 1-0 Expósito, min 47; 2-0 Orellana, min 58;

Árbitro: Juan Martínez Munuera, do comité valenciano. Amoestou a Orellana, Arbilla (SD Eibar) e a Olaza (RC Celta)

Campo: Ipurúa

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas