Primeiro Equipo

O RC Celta pecha a primeira volta cunha valiosa vitoria ante o Levante (0-1)

RC Celta





Un gol de Sisto, tras unha magnífica xogada con Iago Aspas, deulle ao Celta os tres puntos no último partido da primeira volta. Os celestes dominaron con claridade ao levante na primeira metade e sufriron na segunda, pero lograron manter a súa vantaxe e levarse un valioso triunfo.

O Celta aplicou unha riada de paciencia ante un rival que esperaba no seu campo coas liñas moi xuntas e sen desorde. Longas posesións en busca dun espazo que non apareceu ata o tramo final. O equipo vigués sacou o coiro dese atrás cun Levante, agora si, desordenado tras un ataque errado e Iago Aspas e Sisto combinaron con maestría. O danés superou a Oier cun axustado lanzamento cruzado e puxo en vantaxe aos celestes, moi superiores na primeira metade.

Na segunda metade, o Celta sufriu para defender a súa vantaxe ante un rival moi intenso e decidido que dispuxo de varias ocasións para empatar o choque. As boas accións de Rubén e a súa propia impericia impediron que o Levante alcanzase o seu obxectivo. Valiosa vitoria para o Celta para pechar a primeira volta.

FICHA TÉCNICA

0-Levante UD: Oier, Luna, Rober, Postigo, Coke, Doukouré (Bardhi, min.84), Lerma, Campaña (Jason, min.46), Morales, Ivi (Mesa, min.79) e Boateng.

1-RC Celta: Rubén, Hugo Mallo, Cabral, Roncaglia, Jonny, Lobotka, Wass (Radoja, min.72), Tucu Hernández, Sisto (Brais, min.80), Iago Aspas e Maxi Gómez (Sergi Gómez, min.87).

Goles: 0-1, min.37: Sisto.

Árbitro: Álvarez Izquierdo, do comité catalán. Amonestou a  Morales, Ivi, Doukuré,  Coke, Tucu Hernández, Rubén.

Campo: Ciutat de Valencia.

 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas