O RC Celta pecha a renovación do dianteiro Borja Iglesias

borjaiglesias-filial-1314.jpg

O máximo artilleiro do filial asina por 2 tempadas máis 3 opcionais

 

O RC Celta pechou hoxe a ampliación de contrato de Borja Iglesias, dianteiro do filial celeste. O futbolista galego seguirá no club vigués as dúas próximas tempadas, con opción a outro tres.

 

Borja Iglesias (Santiago de Compostela, 1993) chegou ao RC Celta a pasada tempada, na que destacou polas súas calidades goleadores e capacidade de traballo e sacrificio. O atacante finalizou a campaña con 13 dianas na súa conta particular, converténdose no máximo artilleiro do Celta B e no quinto do grupo 1 da Segunda División B.

 

O RC Celta asegura desta forma a continuidade doutro dos seus novos valores. Da man da Fundación Celta, o club celeste mantén o seu esforzo e dedicación en fortalecer o seu proxecto de canteira.

Leave a Reply

fifteen − 5 =