O RC Celta pecha o anhelado regreso de Denis Suárez



O novo reforzo do RC Celta para a tempada 2019/2020 non podía ser máis especial para o celtismo. O club vigués e o FC Barcelona alcanzaron un principio de acordo para o traspaso de Denis Suárez (6 xaneiro, 1994), o que suporá o regreso do canteirán celeste a súa casa.

Oito anos despois de saír cara ao Manchester City, Denis Suárez volverá a enfudarse a camiseta do RC Celta durante as próximas catro tempadas. Unha vez supere o pertinente recoñecemento médico, o centrocampista de Salceda regresará ao club no que se formou e co que chegou a debutar co filial en Segunda B con apenas 16 anos e cando aínda estaba en idade cadete.

Denis retorna tras xogar no Manchester City, FC Barcelona, Sevilla, Vilarreal e Arsenal. No seu palmarés figuran dúas Ligas, unha Premier League, dúas Copas de SM o Rei ou unha Europa League. Internacional en todas as categorías inferiores da Selección Española, debutou coa absoluta en 2016.

O novo xogador celeste será presentado coa súa camiseta, a do RC Celta, nos próximos días e lucirá o dorsal número 6.

Isto vai de corazón

Este anhelado regreso enche de contido a lema da campaña de abonados do club: ‘Isto vai de corazón’. A campaña continúa a súa marcha tras unha semana na que se rexistraron máis de 1.600 renovacións e 600 solicitudes de alta, que este ano se tramitan de maneira online ata o 19 de xullo na páxina istovaidecorazon.com e nos caixeiros de Abanca e non nos despachos de billetes do estadio.