O RC Celta pon á venda entradas da Grada de Fondo para o partido ante o Manchester

 

O RC Celta, unha vez obtidas as autorizacións oportunas, pon desde este momento á venda nas taquillas de Balaídos entradas para a grada de Fondo para o histórico partido de ida das semifinais da Europa League ante o Manchester United. As entradas están dispoñibles a un prezo de 30 euros en categoría adulto e de 25 para os Sub-25.

 

O intenso ritmo de venda de entradas en Balaídos, con seis taquillas abertas, apunta cara a un cheo absoluto no mencionado encontro ante o conxunto inglés.

Leave a Reply

11 − two =