O RC Celta pon rumbo á concentración na Toxa

O primeiro equipo partiu na tarde deste domingo cara á Toxa, onde se concentrará durante a próxima semana. O equipo celeste afrontará durante os próximos días un intenso plan de adestramentos, con dobres sesións, que culminará co primeiro partido amigable desta pretempada: o vindeiro sábado 20 de xullo ante o CD Lugo no Campo de Baltar.

Á concentración na illa grovense desprázanse os seguintes futbolistas: Sergio, Hugo Mallo, David Costas, Okay, Denis Suárez, Fran Beltrán, Pione Sisto, Beauvue, Rubén, Lucas Olaza, Juncà, Juan Hernández, Toro Fernández, Kevin, Jozabed, Brais Méndez, Roncaglia, Iván Villar, Emre Mor, Iago Aspas, Lobotka, Mazán, Juan Ros, Bermejo, Pampín, Dani Molina, Sergio Carreira, Fontán, Iker Losada, Lauti e Miguel Fernández.