mina.jpg
Primeiro Equipo

O RC Celta queda sen tempo en Butarque (3-2)

RC Celta

O RC Celta perdeu este domingo ante o Leganés (3-2) nun partido no que os madrileños puxeron unha marcha máis desde o asubío inicial. Os de Óscar García melloraron no segundo tempo pero a diferenza no marcador xa era moi grande.

Na primeira metade o equipo local impuxo o seu ritmo e súas foron as principais ocasións. Óscar Rodríguez transformou dous goles de bela factura que puxeron o encontro moi de cara para os madrileños. Os xogadores celestes buscaron contragolpear, aínda que lles faltou eficacia en campo contrario.

Tras o descanso, o dominio foi alterno. Primeiro foi o Leganés o que ampliou a súa renda grazas a un bo gol de Kevin Rodríguez. Pouco despois Araujo reduciu a diferenza nunha acción ensaiada e cando mellor estaban os vigueses o árbitro expulsou ao Toro Fernández por unha suposta falta. No tramo final Iago Aspas anotou o definitivo 3-2 tras unha sensacional xogada individual.

FICHA TÉCNICA

3 – CD Leganés. Cuéllar; Bustinza, Tarín, Chidozie, Silva, Kevin; Recio (Roque Mesa, min 37), Rubén Pérez; Óscar (Eraso, min 87); Braithwaite (Carrillo, min 73), En-Nesyri

2 – RC Celta: Rubén; Mallo (Toro Fdez, min 46), Aidoo, Araujo, Olaza; Yokuslu, Rafinha (Brais Méndez, min 64), Pape Cheikh; Denis Suárez (Sisto, min 37), Santi Mina; Aspas

Goles: 1-0 Óscar, min 14; 2-0 Óscar, min 38; 3-0 Kevin, min 54; 3-1 Araujo, min 63; 3-2 Aspas, min 80;

Árbitro: José María Sánchez Martínez, do comité murciano. Amoestou a Recio, Rubén Pérez, Tarín (Leganés) e a Okay, Toro Fdez (cartón vermello) (RC Celta)

Campo: Butarque

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas