O RC Celta recibe ao Atlético a tarde do sábado 1 de setembro

LaLiga comunicou os horarios correspondentes á xornada 3 do campionato ligueiro. O RC Celta recibirá ao Atlético de Madrid o sábado 1 de setembro ás 16:15 no estadio Abanca-Balaídos. beIN Sports LaLiga retransmitirá o encontro en directo.