O RC Celta recurrirá a sanción dun partido a Rubén

O Comité de Competición da Federación Española de Fútbol acordou hoxe sancionar cun partido de suspensión ao porteiro Rubén Blanco, expulsado no minuto 51 do partido Las Palmas-Celta do pasado luns correspondente á oitava xornada de LaLiga.

O RC Celta presentará recurso ante o Comité de Apelación.